publicidade hoxe

A Xunta cede ao Concello de Ribadavia a titularidade dun treito de 1,5 quilómetros da estrada de conexión con Cea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada OU-504, Ribadavia-Cea que vai desde o PK 0+000 ao 1+460, a prol do Concello de Ribadavia.

Para a tramitación deste cambio de titularidade séguese a tramitación prevista na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que regula os cambios de titularidade das estradas de titularidade autonómica ou treitos delas. Esta norma, que axilizou de modo importante a tramitación administrativa para estes procedementos, establece que deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A entrega deste treito de estrada deberá formalizarase no prazo dos dous meses a partir de hoxe, día da publicación deste decreto no DOG, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello de Ribadavia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

Cómpre lembrar que o Goberno galego destinou nos últimos anos máis dun millón de euros para mellorar a vía, da que hoxe se autoriza a súa transferencia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou en 2010 a mellora do abastecemento, saneamento e beirarrúas na OU-504, nas rúas de Ribeiro e Carballiño, que implicou un investimento de 1,06 millóns de euros.

A segunda das actuacións, cun importe de 140.000 euros e rematada en abril do pasado anos, foi a mellora da estrada OU-504, dende o punto quilométrico 0+000 ao 0+750. As obras consistiron na rehabilitación do firme existente, mediante o fresadura e a renovación total da capa de rodadura e tamén se reforzaron as canalizacións soterradas

7 de abril de 2015 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.