publicidade hoxe

A VIII Feira de Gando de Cervo inclúe actividades infantís, carreiras e 1.300 euros en premios e sorteos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Presentación da Feira de Gando

Presentación da Feira de Gando

O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco deron a coñecer o programa de actividades para a VIII Feira de Gando que se celebra este domingo día 3. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente de Cabaleiros do Xunco, Julián Otero e demais membros da entidade participaron no acto de presentación.

A Feira do Gando trasládase este ano ao polígono de Cuíña e comezará ás 8 da mañá coa compra venda de gando. Dende esa hora tamén estará aberta a inscrición para as actividades posteriores, que rematará ás 12 h.

Durante toda a xornada haberá opcións para o público infantil, que poderá participar en paseos en carro de cabalos e de montura gratuítos (de 11:30 a 12:30 h. e pola tarde de 15 a 16 h.). A partir das 17 h. comezará a marcha de trotóns, ás 18 h. a carreira de cabalos cruzados e do país e ás 19 h. a carreira de burros. Hai que destacar que nestas competicións entregarase un total de 1.000 euros en premios (a partir das 20 h.) aos que hai que sumar outros 300 euros que se sortearán.

Soto puxo en valor a “iniciativa de Cabaleiros do Xunco, que no seu momento apostaron por recuperar unha cita tradicional como era a Feira do Gando, impulsándoa e converténdoa nun evento consolidado e de moito éxito coa que dende o Concello colaboramos”.

27 de abril de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.