publicidade hoxe

A unidade móbil da ITV agrícola visita Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

O Concello de Vila de Cruces pon en coñecemento dos veciños do termo municipal que no mes de maio de 2015 a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas realizará as revisións periódicas.

As inspeccións terán lugar en:

-Piloño (no campo da festa), o 12 e 13 de maio en horario de 9.00 a 13.30 h. e de 15.15 a 18.00 h. e o 14 de maio de 9.00 a 13.30 h.

-Vila de Cruces (no campo da feira), o 15 e 18 de maio en horario de 9.00 a 13.30 h. e de 15.15 a 18.00 h. e o 19 de maio de 9.00 a 13.30 h.

-Merza (no campo da festa), o 20 de maio de 9.00 a 13.30 h.

Asignarase hora de atención ao público na unidade móbil dende o día que chegue ou chamando ao teléfono 902 30 90 00.

1 de abril de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.