publicidade hoxe

A UAD de Monforte organiza un obradoiro sobre alcohol e mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O equipo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte (UAD), dependente da concellería de Sanidade que dirixe Antonino Luaces, organiza un obradoiro sobre alcohol e mocidade.

O obradoiro vai dirixido á cidadanía en xeral, en especial nais e pais de adolescentes e mozos/as. É totalmente gratuíto pero resulta necesario inscribirse previamente xa que dispón dun máximo de 25 prazas. A actividade desenvolverase na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, o mércores día 22 de abril en horario de 16:00 a 19:30 h.

O obxectivo do obradoiro é informar sobre os riscos do alcohol, do que se encargarán dúas profesionais da UAD: Marta González Rodríguez – Psicóloga Clínica, e Luísa Astray García – Educadora Social.

Os contidos xerais son os que a continuación se especifican:

– Experimentación co alcohol. Mitos e realidades.
– Indicadores de consumo.
– Lei do alcohol.
– Adolescencia.
– Necesidades e factores de protección.
– Pais como modelos. Comunicación pais – fillos.

Este curso está organizado pola UAD en colaboración coa consellería de Sanidade e do Concello de Monforte de Lemos.

16 de abril de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.