publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A preferentista octoxenaria con andador acusada de saltar un cordón policial gaña o xuízo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO RosalPortada dereita
A-
A+
Europa Press

Domitila Vicente Franco, unha preferentista de 82 anos e cun xeonllo afectado pola osteoporose que lle obriga a utilizar andador, acusada de saltarse un cordón policial nunha protesta gañou o xuízo celebrado por esta cuestión. Tamén se deu a razón a outros catro membros da plataforma de Baixo Miño multados nesa manifestación, polo que deberán devolvelos os importes aboados nas sancións -entre 100 euros e 200 euros en cada caso-.

Diso informou Julio Vicente, da plataforma de preferentes de Baixo Miño, despois de que a semana pasada se celebrase un xuízo no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra a cinco preferentista multados do Baixo Miño, que son Domitila Vicente, Fernando Asensio, Ana Belén Álvarez, Américo Álvarez e Eugenio Domínguez.

O 3 de xullo do ano 2013, Domitila Vicente foi multada pola Garda Civil pola súa presunta “conduta violenta” xa que as forzas da orde entenderon que “alterou a orde pública” ao saltarse un cordón policial. En total, 200 euros de sanción, “o mesmo que custou o andador”, sinalou a semana pasada ás portas do xulgado.

Nesa protesta tamén participou Fernando Asensio, de 70 anos, tamén acusado de “alterar a orde pública” e de ter un “comportamento agresivo”. Aquel 3 de xullo acudiu á mobilización en contra do criterio do seu médico, padecía un cancro e en dous días ía pasar polo quirófano para ser operado, por iso cargaba cun pequeno asento para descansar cada pouco. Así as cousas, deuse a razón a estes cinco preferentistas que mantiñan a súa inocencia.

Segundo explicou Xulio Vicente xa son “18 de 19 casos” nos que se dá a razón aos preferentistas multados en protestas, polas que os afectados tiveron que aboar arredor duns 20.000 euros.

De tal forma, nestes cinco casos, ademais do diñeiro que se deberá reintegrar aos preferentistas, Vicente chamou a atención sobre “o diñeiro público” que lle custa a todos os cidadáns” estas denuncias, xa que se vai perder no pagamento de costas do xuízo.

Ante estas novas sentenzas, Vicente esixe a dimisión inmediata do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, ao que responsabiliza desta multas, ao tempo que acusou tamén ao Concello do Rosal de estar detrás das sancións.

14 de abril de 2015 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.