publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica detén ao autor dun incendio intencionado en Sandiás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSandiásSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Ourense veñen de informar da detención onte dun home como presunto autor dun incendio intencionado na localidade de Cerredelo, en Sandiás, Ourense, no que arderon preto de 14 hectáreas de monte arborado.

Funcionarios do equipo de investigación de incendios da Xunta procederon a súa identificación e detención logo de facer a pertinente investigación. O autor, ante as probas irrefutables que se lle ensinaron, acabou recoñecendo os feitos.

O detido paso a disposición xudicial no Xulgado de Instrución nº1 de Xinzo de Limia, onde, tras prestar declaración, a Autoridade Xudicial acordou o seu ingreso na prisión de Pereiro de Aguiar.

Lume na Peroxa

Doutra banda, os mesmos axentes ourensáns tamén informaron da imputación doutro presunto autor dun incendio forestal, neste caso no Concello de A Peroxa.

O lume que se lle imputa aconteceu o pasado 31 de marzo e afectou a 2,47 hectáreas de monte arborado. As lapas orixinaronse como consecuencia do escape dunha queima de restroballos sen comunicación nin adoptar as medidas de seguridade establecidas por lei.

É de salientar que no momento da queima, estas estaban prohibidas polo Consellería do Medio Rural e do Mar por causa das condicións meteorolóxicas adversas e que as lapas non se propagaron máis grazas a rápida intervencións dos servizos de extinción de incendios.

No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 12 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

16 de abril de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.