publicidade hoxe

A II Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades reunirá a un total de 357 corredores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFrades
A-
A+

A contorna da praza de Ponte Carreira acollerá mañá venres 1 de maio, a partir das 17:00 horas, a celebración da II Carreira Pedestre Popular Concello de Frades, na que hai un total de 357 corredores inscritos, 167 adultos e 190 escolares chegados de toda Galicia. Unha proba integra no III Circuíto Provincial de Carreiras Populares promovido pola Deputación da Coruña, organizada polo Concello de Frades e pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración con Carreiras Galegas, Correr en Galicia e a propia institución provincial.

As probas escolares darán comezo ás 17:00 horas coa categoría Pitufo (nados en 2011 e posteriores) que farán un percorrido de 300 metros (unha volta á praza). Ás 17:10 horas será a quenda dos prebenxamíns, que percorrerán 500 metros. Os benxamíns e alevíns sairán ás 17:20 e ás 17:30 horas, respectivamente, para percorrer unha distancia de 800 metros. Por último, ás 17:45 horas tomarán a saída dos infantís e cadetes-xuvenís, cun percorrido de 2 e 3 quilómetros, respectivamente. A proba principal, con saída ás 18:30 horas, percorrerá 8,6 quilómetros en ruta, que combina asfalto e terra e que terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira.

 

30 de abril de 2015 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.