publicidade hoxe

A gardería de Brión abre o prazo de renovación de matrícula para o curso 2015-16

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A escola infantil municipal de Brión abre hoxe o prazo de renovación de matrícula para o curso 2015-2016 dos alumnos e alumnas que se atopan actualmente no centro. O prazo estará aberto ata o próximo 15 de abril no centro social polivalente de Brión. As familias terán que achegar unha copia da declaración da renda do exercicio 2013 así como copias do libro de familia ou dos datos bancarios, no caso de que se teña producido algunha variación con respecto ao ano anterior.

Unha vez rematado o proceso de renovación de prazas, a escola infantil municipal de Brión abrirá o prazo para a inscrición de novos alumnos e alumnas: do 20 ao 30 de abril. Para poder acceder a estas prazas será obrigatorio que o neno/a teña nacido no momento de presentar a solicitude, estar empadroado no Concello de Brión e ter 3 meses de idade en setembro e non cumprir os 3 antes do 31 de decembro de 2015. A admisión realizarase de acordo cun baremo de puntuación.

A documentación que deberán presentar as familias no centro social polivalente é: DNI dos pais, libro de familia, declaración da renda do exercicio 2013, informe da situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou informe de vida laboral dos pais (actualizado a mes de abril) e, no seu caso, documentación adicional coma tarxeta de demandante de emprego, certificado de discapacidade, separación/divorcio, título de familia numerosa…

6 de abril de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.