publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra financia a compra dun vehículo para a recollida de residuos no concello de Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+

A Deputación achegará 80.768 euros para a adquisición dun vehículo destinado á recollida de residuos sólidos urbanos en Vila de Cruces. Segundo o acordo aprobado na Xunta de Goberno deste venres, a concesión da axuda acóllese á resolución para a concesión de anticipos a concellos da provincia, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) de 2 de xaneiro de 2015. Trátase dun préstamo sen xuros que debe amortizarse nun prazo de 5 anos.

24 de abril de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.