publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inviste 850.000 euros na mellora de camiños na comarca de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFradesOleirosOrdesToquesTordoiaTrazo
A-
A+

A Deputación da Coruña aprobou no último Pleno provincial unha serie de convenios grazas aos cales se investirán preto de 850.000 euros na mellora de camiños de municipios da comarca de Santiago. O Concello de Ordes recibirá 193.362,74 euros para renovar o firme da estrada que une este concello con Cerceda por Virís entre o punto quilométrico 6,5 ata o límite municipal. En concreto mellorarase a capa de aglomerado, repintaranse as marcas viarias e a sinalización para o que se precisará un orzamento de 241.703,42 euros, dos que a Deputación asume o 80%.

A mesma porcentaxe financiará a institución provincial en Toques,onde se desenvolverá un proxecto de 227.972,26 euros para mellorar camiños interiores no concello. A Deputación fará unha achega de 182.377,81 euros para intervir en Prados (Paradela), no interior de Piñeiro (Mangoeiro), no camiño Ponte da Pedra a Villamor, no camiño de Pazos a Vilariño, no camiño da Pena (Oleiros) e o camiño da Vela-Cruce Trandeiras (Brañas).

As obras consisten no acondicionamento da explanada, na ampliación do ancho, na reparación de fochancas e na mellora da capa de rodadura e  tratamento asfáltico, así como pavimentación en formigón e canalización de augas pluviais. Tamén se contempla a apertura de cunetas e a limpeza para a súa correcta drenaxe.

Ademais, no camiño de Piñeiro, en Mangoeiro, vanse executar sete muros de formigón armado, granito e mampostería para a conteción de terras.

Achegas para Trazo, Tordoia e Frades

Ata 141.940,59 euros recibirá o Concello de Trazo para o proxecto de conservación de camiños en Restande, Berreo, Vilouchada e outros. A actuación inclúe a sinalización horizontal, a limpeza de cunetas e a mellora do firme. En total, os traballos contan cun orzamento de 177.425,74 euros, dos que a Deputación asume preto do 80%.

No Concello de Tordoia, a achega provincial de 129.306,63 euros (o 80% do total de 161.633,29) se destinará a obras no camiño da Balsa-Aboui e á construcción de beirarrúas en Castiñeiro (Andoio).

Vaise proceder á reparación de fochancas, ao tratamento asfáltico e rego de selado, tamén á apertura de cunetas e limpieza para facilitar a drenaxe, ademais de pavimentar os caminos de Balsa-Aboi, de Abeleira á estrada da Deputación (Bardaos), os viarios interiores de Vilarbó (Santaia) e o camiño a Cruxeira (Gorgullos).

No caso da construcción de beirarrúas en Castiñeiro a obra consiste en crear este acceso peonil ao longo de 80 metros. Terán dous metros de ancho e contarán con baldosas e bordos de formigón. Esta actuación contempla ademais a canalización das tubaxes e execución de tres pozos con sumidoiro para a recollida de pluviais, así como a canalización da iluminación pública, polo que ao rematar os traballos pavimentarase a calzada.

En Frades, as obras de reparación de baches, mellora da capa de rodadura e apertura e limpeza de cunetas céntranse nos camiños da Camposa a Vilar e Cubelo (Ledoira), do Campo a Vilarxoan (Vitre), de Outeiro (Papucín) e no cruce de Prado (Papucín) e Gasalla (Abella). O custe total ascende a 79.790,78 euros dos que a Deputación asumirá 63.832,62 euros, o 80%.

Vedra mellora a súa rede de abastecemento

Por último, a Deputación tamén asinará un convenio co Concello de Vedra para a ampliación da súa rede de abastecemento ata Susana, Nande, Cornado, Matelo e A Torre, na parroquia de San Fins de Sales.

A nova rede estará formada por unha condución principal e dous ramais nun tramo de case tres quilómetros que custará 166.739,95 euros. A achega da Deputación é de 133.391,96, o 80% do orzamento total. 

28 de abril de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.