publicidade hoxe

A Deputación concede unha subvención para a renovación do alcantarillado e saneamento e o aglomerado na rúa Gerardo Díaz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que a Deputación provincial da Coruña vén de conceder unha nova subvención, de 35.000 euros, para continuar coa intervención de renovación do alcantarillado e o saneamento e os traballos de aglomerado na rúa Gerardo Díaz. Unha vía na que se inicia o Camiño Inglés en Fene e, por tanto, suxeita tamén a unha especial protección por parte de Patrimonio. O rexidor explicou que hai uns meses a institución provincial aprobaba unha achega de idéntico importe para iniciar a primeira fase da actuación. Tras a adxudicación dos traballos, comezaban as obras, que se levan a cabo na actualidade, entre os números 1 e 14. Segundo as estimacións oficiais, as tarefas concluirán esta mesma semana.

E, unha vez isto suceda, poderá iniciarse a segunda fase. A través da mesma, renovaránse servizos e pavimentaráse a vía no treito comprendido entre os número 15 e 37. No día de onte, a comisión de Facenda dictaminaba favorablemente a reserva de 15.000 euros por parte do Concello para sumar a eses 35.000 euros de subvención provincial e, a próxima semana, o asunto irá a pleno. De aprobarse, o Concello estará en disposición de licitar os traballos.

Nesta liña, o alcalde explica que o Concello optou por acometer en distintas fases a actuación por dous motivos. O primeiro, de carácter orzamentario e, o segundo, evitar que as obras se prolonguen por un espazo de tempo amplo interrumpindo así o tránsito dos peregrinos.

28 de abril de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.