publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro presenta a 52 edición da súa Feira do Viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+
Presentación da Feira do Viño do Ribeiro

Presentación da Feira do Viño do Ribeiro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu hoxe á presentación da edición número 52 da Feira do Viño do Ribeiro que se celebrará do 1 ao 3 de maio no concello ourensán de Ribadavia.

O Ribeiro é a denominación de orixe máis antiga de Galicia, creada no ano 1957. Rogelio Martínez subliñou que o Goberno galego é consciente da importancia económica da actividade vitivinícola nesta comarca, polo que a Xunta apoia decididamente ao sector.

O delegado territorial trasladoulle a súa felicitación aos organizadores desta nova edición da Feira do Viño, concello de Ribadavia e Consello Regulador da D.O. Ribeiro, “parabéns por axudar a poñer en valor unha das cousas que mellor se fai nestas terras: o viño”, dixo Martínez, e engadiu que o sector ten que continuar a traballar para mellorar a calidade e personalidade propia dos viños do Ribeiro, diferenciándoos e posicionándoos así, con maior éxito, nos diferentes mercados e abrindo outros novos.

20 de abril de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.