publicidade hoxe

A Comisión de Seguimento do transporte metropolitano de Lugo aproba a incorporación do concello de Baleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleiraLocal PortadaLugo
A-
A+

A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidiu esta mañá a reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Transporte da área de Lugo, onde se acordou a prórroga desta iniciativa de mobilidade ata o ano 2016, así como a incorporación do Concello de Baleira.

Na actualidade, esta área está integrada polos concellos de Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade, polo que coa incorporación de Baleira suman un total de 10 concellos. A adhesión quedará totalmente formalizada nas próximas semana coa sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baleira, que implicará un investimento global de 13.000 euros. Os seguintes pasos serán as adaptacións técnicas necesarias para poñer en funcionamento o plan antes do verán.

O plan de transporte metropolitano de Lugo púxose en marcha a finais de 2010 e entrou en vigor a principios de 2012. A implantación nesta área supuxo un esforzo significativo administrativo e tecnolóxico ao non contar cun plan de transporte metropolitano anterior. Coa sinatura desta prórroga, queda garantido o funcionamento deste servizo público de mobilidade durante o ano 2016 e no que as administracións asinantes achegan case 200.000 euros, dos cales a Xunta aporta máis dun 80%.

Os nove concellos da área reiteraron o seu interese en continuar cun plan que se traduce en aforros significativos para os usuarios e co que o transbordo dende o bus metropolitano ao outro bus urbano ou metropolitano é gratuítos para os usuarios.

A Xunta contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante. Por riba disto, a Xunta asume a bonificación do 100% dos transbordos e cos descontos adicionais aos usuarios habituais (15%) e ás familias numerosas (20% ou 50% segundo se ten 3 fillos ou máis).

O Plan de transporte metropolitano ofrece aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas; aforros anuais para os que utilicen con frecuencia o transporte metropolitano dun 50% do seu custo; e un sistema de billete único que facilita a intermodalidade.

Cómpre sinalar que o Plan de transporte metropolitano mellora a accesibilidade e a mobilidade das vilas, xa que ademais se contribuirá a frear a intensa utilización do vehículo particular, tamén axudará a aumentar o uso do transporte público.

28 de abril de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.