publicidade hoxe

A Comisión de Seguimento do Transporte Metropolitano da Coruña aproba a incorporación dos concellos de Carballo, Ordes e Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaAbegondoArteixoBergondoBetanzosCambreCarballoCarralCulleredoCurtisLocal PortadaOleirosOrdesSada
A-
A+

A Comisión de Seguimento do Transporte Metropolitano da Coruña aprobou hoxe a prórroga para o ano 2016 do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Plan de transporte metropolitano de Galicia na área da Coruña por importe, que contará cun orzamento de preto de 5,2 millóns de euros. Durante a reunión aprobouse tamén a aprobación da integración na área dos concellos de Carballo, Ordes e Curtis. A xuntanza estivo presidida pola directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas e contou coa participación da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Esta renovación do convenio permite a continuidade dun plan que supón importantes aforros económicos para os usuarios. A Xunta contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante. Ademais, o Goberno galego contribúe coa bonificación do 100% dos transbordos e cos descontos adicionais aos usuarios habituais (15%) e ás familias numerosas (20% ou 50% segundo se ten 3 fillos ou máis).

Cómpre lembrar que o 22 de outubro de 2010 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou o convenio de colaboración para desenvolvemento do transporte metropolitano de Galicia na área da Coruña, que consta dos seguintes concellos: A Coruña, Oleiros, Arteixo, Culleredo, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo, Carral e Cambre.

No convenio prevíase a posibilidade de ampliación xeográfica da área e con data do 18 de outubro de 2012, logo da aprobación por parte da Comisión de Seguimento, a Xunta asinou os acordos de integración na área da Coruña dos concellos da Laracha e Oza- Cesuras. Posteriormente, o 22 de outubro de 2012, asínase o acordo de integración do concello de Cerceda e o 5 de febreiro de 2014, asínase o acordo de integración do concello de Miño.

30 de abril de 2015 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.