publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Lousame acolle a actuación de Xoán Curiel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá venres 10 de abril, ás 21:00 horas, un concerto do músico Xoán Curiel, que presentará o seu traballo “Magnético zen”. Trátase dun concerto de pop en galego, con influencias de world music, e a entrada é totalmente libre e de balde para a veciñanza ata completar o aforo do auditorio.

Organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, “Magnético zen” é o segundo traballo de Xoán Curiel. Un disco que foi premiado como Mellor Álbum en Lingua Galega outorgado nos V Premios de la Música Independiente. Un álbum no que Xoán Curiel amosa a súa particular visión do mundo actual desde un punto de vista propio e crítico.

9 de abril de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.