publicidade hoxe

A biblioteca de Soutomaior celebra unha nova edición do recital poético dedicado á música e poesía cubana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

A Biblioteca Municipal celebra este venres, ás 19:00 horas, a súa VIII Recital Poético. A edición deste ano está dedicada á música e a poesía cubana e contará con poemas de autores tan coñecidos como José Ángel Buesa ou Jorge Llopis ademais duns pequenos diálogos teatralizados de corte humorístico de estilo xoglaresco.A representación correrá a cargo do grupo Amizade que colabora desinteresadamente coa iniciativa. O recital terá unha duración de 45 minutos aproximadamente e o acceso é totalmente gratuíto.

O programa consta de pezas con diferentes interpretacións musicais de música cubana que acompañarán aos poemas. O repertorio musical inclúe temas tan reconocibles como o “Cuando salí de Cuba” ou o “Cantinero de Cuba”, mentres que a selección de poemas recolle o mellor da poesía cubana de diferentes épocas con poemas de José Martí, Nicolás Guillén,José Ángel Buesay Jorge Llopis, entre outros.

Esta é a oitava edición do Recital Poético de Soutomaior, que desde o ano 2005 vén recollendo clásicos da literatura e a poesía universal. Desde a primeira edición, dedicada ás Lecturas do Quixote, ata a actual, autores como Uxio Novo ou os integrantes da xeración do 27, protagonizaron unha cita que ano tras ano amplía as súas fronteiras e atrae maior cantidade de público.

9 de abril de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.