publicidade hoxe

A autovía do Barbanza pecharase ao tráfico entre o enlace de Boiro-Vilariño e o de Pobra Norte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Pobra do CaramiñalBoiroLocal Portada
A-
A+

O treito comprendido entre os enlaces de Boiro-Vilariño (no quilómetro 23) e Pobra Norte (no quilómetro 30,5) da Autovía do Barbanza, AG-11, deberá permanecer pechado mañá, martes 28 de abril durante unha hora e media debido os traballos de desmontaxe do tendido eléctrico existente e o apoio do novo tendido en novas torretas que se levará a cabo á altura do punto quilométrico 24+600.

A empresa Unión Fenosa Distribución solicitou autorización á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Axencia Galega de Infraestruturas con motivo da execución dun cruce aéreo para liña eléctrica de baixa tensión dunha marxe a outra da AG-11. Como as características dos traballos requiren de horario diurno, coa fin de ocasionar o menor trastorno ao tráfico, dentro das posibilidades técnicas da obra, decídese levar a cabo a obra na data e hora referida.

En concreto, será necesario:

– O corte e desvío do tráfico sentido Ribeira á altura do enlace Boiro-Vilariño cara á AC-305 e incorporación no enlace de Pobra Norte.

– O corte e desvío do tráfico sentido Padrón á altura do enlace Pobra Norte cara á AC-305 reincorporación no enlace de Boiro-Vilariño.

27 de abril de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.