publicidade hoxe

A Asociación Íntegro inicia nos centros escolares unha campaña de prevención das lesións medulares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de Bergantiños
A-
A+

A Asociación Íntegro volve á escola cunha campaña de prevención das lesións medulares. A entidade decide retomar este tipo de actividades divulgativas nestas datas previas ao verán para mentalizar aos máis novos sobre os riscos que entrañan determinadas prácticas, coma tirarse de cabeza en ríos, praias e piscinas, ou das consecuencias que poden ter os accidentes de tráfico, que son outra das principais causas deste tipo de lesións.

O presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, estará hoxe no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porte para ofrecer unha charla a 32 alumnas e alumnos de 4º da ESO a partir das 11.45 horas. Para mañá está previsto un novo acto divulgativo no CPI de Zas, de 9,20 a 11,00 horas, e o mércores será a última charla desta semana no colexio Xosé Pichel de Coristanco, de 9,30 a 11,20 horas.

13 de abril de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.