publicidade hoxe

A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra en Teo o XX Xantar Gaiteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos convidou a todos os seus soci@s e persoas amantes da cultura tradicional galega a asistir ao Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XX edición é o concello de Teo, concretamente no Restaurante San Martiño, (Lugar Espiño, Calo – Teo) onde o vindeiro domingo 12 de abril os asistentes poderán disfrutar do canto, o baile e a música tradicional, e dun menú consistente nun cocido galego e postres tradicionais.

O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 20ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega coa finalidade de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional.

A Asociación de Gaiteiros Galegos , máis de 25 anos traballando para normalizar a nosa cultura tradicional

A Asociación de Gaiteiros Galegos leva máis de 25 anos traballando para normalizar a presenza do noso baile, os nosos cantos e da nosa música tradicional na sociedade, e un dos seus obxectivos é que os sons dos nosos instrumentos sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida. Dende a AGG considérase importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro, que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar o baile e a música tradicional.

10 de abril de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.