publicidade hoxe

A área de Cultura de Cabanas organiza unha viaxe á exposición “O Primeiro Picasso”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas está a organizar unha visita ó Museo de Belas Artes da Coruña co gallo de visitar a exposición “O Primeiro Picasso”. A viaxe está previsto que se leve a cabo o próximo día 22 de abril. Debido a necesidade de reservar prazas no autobús que faga o desprazamento ata A Coruña, o prazo de inscrición rematará o día 17 de abril.

Na exposición presentase, a través de máis de duascentas pezas, das que oitenta e unha pertencen ó propio Pablo Picasso, un percorrido por uns anos fundamentais na formación do xenio andaluz, os que transcorren dende a súa chegada a cidade herculina en outubro de 1891 ata a súa marcha en abril de 1895.

As persoas interesadas en participar nesta visita organizada, deberán poñerse en contacto co departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas, ou ben chamando ó teléfono 981 49 59 59 ou ben a través dun correo electrónico na dirección cultura@cabanas.es.

10 de abril de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.