publicidade hoxe

A animación á lectura será a protagonista da fin de semana cultural en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que na próxima fin de semana terán continuidade as actividades programadas para este mes prestando atención especial á animación á lectura. Este venres día 10 iniciarase o ciclo de cine ‘Libros de película’. A primeira proxección será ás sete da tarde no telecentro de Arzúa e nela poderemos desfrutar da película inspirada nunha obra literaria chamada ‘Bajo la misma estrella’. O filme é un drama romántico protagonizado por unha historia de amor dunha parella de adolescentes que se coñece grazas á loita que manteñen contra o cancro. Ao final da sesión haberá un sorteo de agasallos entre todos os asistentes.

Tamén na xornada do venres terá lugar a inauguración da exposición de pintura ‘Mundos imaxinados’ de Marta Docampo que estará exposta do 10 ao 20 de abril na Capela da Madanela no horario habitual das sete ás nove do serán. A mostra abrirase ao público nun acto aberto que dará comezo ás oito da tarde. A pintora, con estudos de Belas Artes, chega de Redondela tras expoñer a súa obra en outros municipios galegos como Oroso ou O Porriño e por terras veciñas de Portugal.

9 de abril de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.