publicidade hoxe

18 variedades de tapas poderán degustarse na III Ruta de Tapas de Val do Dubra neste fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

Brocheta de rape con lagostino, lingua de tenreira en salsa, tosta de lacón con queixo e pemento, brocheta mariñeira con chips vexetais, ensaladilla de polbo á galega con pan frito ou tosta de pisto con ovo de paspallás son algunhas das 18 variedades de tapas que a partir do mañá venres e durante todo o fin de semana ofrecerán os dez bares e locais de hostalaría que participarán na III Ruta de Tapas de Val do Dubra. O Concello de Val do Dubra organiza un ano máis esta cita gastronómica que conta con aceptación tanto entre os locais de hostalaría como nos veciños e visitantes que durante eses días achéganse a Val do Dubra para probar a variedade de tapas. Os organizadores pretenden tamén potenciar a través desta iniciativa os produtos de Val do Dubra.

Cafetería O Foxo, bar O inglés, Hotel cervecería Camiño de Santiago, Dolche Café, Vinoteca A ras!, Jamonería Seco, Bar A esquina, Restaurante O Brañón, Bar O parador, Café bar Casa da Cultura son os 10 locais que participasen na III Ruta de Tapas de Val do Dubra. Algúns bares ofrecerán un só tipo de tapa pero outros terán ata catro variedades para elixir. A maioría dos locais ofrecerán tapas a partir das 12.00 horas e ata as 15.00 horas. E tamén a partir de última hora da tarde e ata as 22.30 e 23.00 horas.

Os veciños e visitantes que proben todas as tapas dos 10 locais poderán participar nun sorteo de agasallos. Cada bar irá marcando nun libriño o paso por ese establecemento. Unha vez completado e cumprimentado cos datos persoais, poderá ser introducido nunhas caixas de correos que estarán dispoñibles nos establecementos participantes. Ao finalizar a ruta daranse a coñecer os gañadores. Os locais comerciais tamén participan no concurso de mellor tapa da III Ruta de Tapas de Val do Dubra.

23 de abril de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.