publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Villanueva pide que se deixe traballar para esclarecer a desaparición da Virxe do Cristal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaGaliciaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, pediu este martes “deixar traballar aos corpos de seguridade” para esclarecer a desaparición da Virxe do Cristal e a morte do párroco de Vilanova dos Infantes, en Celanova (Ourense), cuxo corpo foi localizado con signos de violencia o pasado xoves na casa parroquial.

A preguntas dos medios nunha visita do delegado e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, para supervisar as actuacións realizadas para mellorar o saneamento en Pereiro de Aguiar (Ourense), Villanueva destacou que segue a investigación aberta” por parte da Garda Civil e “hai varias liñas”. Están a actuar, están a investigar, non hai ningunha novidade”, afirmou, para recordar que está “declarado o segredo de sumario”.

“En todo caso, hai que deixar traballar aos corpos de seguridade para esclarecer as circunstancias, como se produciron os feitos e seguir traballando para ver se podemos concluír cuns bos resultados”, manifestou o delegado do Goberno.

Preguntado sobre se foi algo puntual, Villanueva comentou que “é un caso puntual porque se produciu nun lugar concreto”. “A Garda Civil e os corpos de seguridade actúan en todo o territorio. Cando obteñamos os resultados podemos deducir se hai ou non relación con outro caso”, sostivo.

Non obstante, o delegado insistiu en que “neste caso se trata dunha situación concreta” e “non hai nada que indique que poida ter relación con outros feitos”.

REFORZO INVESTIGADOR

“Galicia é unha comunidade cuns índices de criminalidade moi baixos e, cando se detectan determinados repuntes en determinados tipos de delitos, prodúcese unha serie de reforzos de carácter preventivo e investigador”, explicou.

Nesta liña, manifestou que “se reforzou o labor investigador para tratar de esclarecer” o sucedido. “Sempre que se produce un feito hai preocupación por parte dos corpos seguridade”, afirmou Villanueva, para concluír que se trata dun feito puntual e non hai nada que indique que está relacionado con outro tipo de feito”.

17 de marzo de 2015 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.