publicidade hoxe

Uns 150 escolares de Cervo participaron no programa de reforestación plantando árbores autóctonas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Escolares plantando árbores

Escolares plantando árbores

O Concello de Cervo segue estendendo o seu programa de reforestación con árbores autóctonas. Nesta ocasión, a actuación tivo lugar nunha parcela municipal situada ao carón da piscina de Lieiro, e nela implicáronse escolares dos colexios de Cervo e San Ciprián. Así, uns 150 nenos e nenas de infantil e primaria plantaron durante a mañá un cento de árbores, guiados polos participantes do programa de formación dual, de bolseiros que fan prácticas no Concello así como persoal da Fundación Ardilla.

Unhas árbores que foron facilitadas pola Fundación Alcoa, que doou ao Concello un total de 3.000 exemplares e que serán distribuídos nas próximas semanas noutras parcelas como o Monte Escarabelada, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, onde se teñen realizado numerosas campañas de plantación de autóctonas, ou no Macho, tamén na parroquia de Sargadelos.

De feito, en tres anos o Concello promoveu e levou a cabo a plantación de árbores con especies propias nunha superficie de 17 hectáreas, entre as que se atopan as do Monte Escarabelada, pero tamén montes comunais de Lieiro e de Bidueiras (Cervo). Polo tanto, este é un programa de continuidade, para “recuperar el bosque autóctono y, con él, nuestra riqueza natural y paisajística”, asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

Ademais, en casos coma este, nos que as campañas se fan coa implicación do alumnado, “la plantación no es sólo una actuación medioambiental, sino que además es una actividad de concienciación para los niños y niñas, que aprenden a cuidar el medio natural desde el principio, creando nuevas zonas de bosque”. Precisamente por iso o Concello promove a participación do alumnado neste tipo de actuacións de forma periódica.

Alonso lembra que durante o ano realízanse varias plantacións para ir ampliando o territorio reforestado pero, ao mesmo tempo, lévanse a cabo tarefas de mantemento, que inclúen a limpeza ou a reposición daquelas plantas que non prenderon. “Este proyecto dará sus frutos a largo plazo pero merece la pena ponerlo en marcha pensando en las próximas generaciones”.

Un proxecto que mestura a súa vertente medio ambiental coa turística, xa que no futuro “este pulmón autóctono podrá convertirse en un atractivo más de nuestro municipio”, sen esquecer a súa vinculación co emprego, xa que tanto os participantes da formación dual como os bolseiros que fan prácticas no Concello ou dos obradoiros teñen desenvolvido actuacións nestes novos bosques autóctonos.

16 de marzo de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.