publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa grave ao explotarlle na cara a roda dunha carreta en Cospeito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario de 53 anos resultou ferido grave este mércores ao explotarlle na cara a roda dunha carreta que reparaba no municipio de Cospeito (Lugo). Segundo informou o 112, os feitos sucederon sobre as 11,00 horas na empresa para a que o operario traballa, situada no Polígono Industrial de Muimenta, en Cospeito.

Tras recibir o aviso, o CAE 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil. Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada para atender ao paciente.

Fontes sanitarias indicaron que a ambulancia medicalizada, tras unha transferencia en ruta do paciente dende a asistencial, levou ao ferido, J.A.L.C., de 53 anos, en estado grave ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

ÁRBORE

Por outra parte, o 112 Galicia tivo constancia tamén este mércores doutro accidente laboral en Guitiriz (Lugo) rexistrado ao caer unha árbore sobre un operario que facía tarefas de limpeza no Río Escadelas, na estrada N-VI

O persoal da empresa á que pertence o traballador foi o que alertou ao CAE 112 Galicia sobre as 9,30 horas deste mércores, tras o que se deu aviso ao 061, Garda Civil e a efectivos do GES de Guitiriz.

O 061, segundo apuntaron fontes sanitarias, enviou ao punto unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes ao varón ferido, J.L.F.F., de 55 anos.

18 de marzo de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.