publicidade hoxe

Unha partida de 15 millóns de euros dos fondos Feder garante a conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSan Cibrao das Viñas
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que o Goberno galego disporá dunha partida de 15 millóns de euros dos Fondos Feder que garante a conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía das Rías Baixas (A-52). Durante o acto de presentación, esta mañá en Santiago, a conselleira concretou que a Xunta realizará unha mobilización total de 19 millóns de euros para esta actuación.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, indicou que a conexión do polígono empresarial de San Cibrao das Viñas coa Autovía das Rías Baixas (A-52) está enmarcada na liña de acción do Goberno galego para mellorar a competitividade das PEMES. Neste obxectivo temático, a Consellería de Medio Ambiente coordina a liña de acción destinada ao desenvolvemento dos accesos ás plataformas loxísticas.

Na contorna empresarial de San Cibrao das Viñas desenvólvese un dos principais polos de actividade industrial do conxunto provincial e autonómico, polo que esta conexión coa rede viaria de alta capacidade mellorará a eficacia na distribución de materias e mercadorías.

Vázquez lembrou que nesta liña de mellora das comunicacións para o impulso industrial, a Xunta de Galicia está a acometer outras obras como as do acceso á Plataforma Loxística Intermodal de Monforte.

A responsable de Infraestruturas tamén concretou que desde o seu departamento seguirase avanzando, tanto dotando aos aos empresarios e emprendedores de espazo nos parques empresariais, como na execución de accesos axeitados para eles.

30 de marzo de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.