publicidade hoxe

Un veciño de Guitiriz acusado de tentar envelenar ao párroco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizSucesos
A-
A+
Europa Press

Ás 10,00 horas deste xoves foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo o veciño de Guitiriz detido na noite do mércores a instancias da autoridade xudicial no marco dunha investigación. Segundo apuntaron fontes da investigación, os feitos tiveron o pasado sábado durante un comida que Alfonso Blanco compartía cun exconvicto ao que o cura asistía desde hai varios meses, onde se cre que se puido producir o intento de envelenamento con ansiolíticos.

Blanco, que preside Xermolos e é un sacerdote moi apreciado na zona, permanece desde o pasado sábado ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, aínda que non corre risco a súa vida.

Foron axentes da Garda Civil os que ás 20,45 horas do mércores arrestaron a J.J.B.L., de 43 anos e veciño de Santa Leocadia de Parga, en Guitiriz, por orde directa da autoridade xudicial.

O Instituto Armado explicou que se recibiu vía telemática oficio dimanante do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, no cal se instaba á Garda Civil a que procedese á detención desta persoa.

19 de marzo de 2015 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.