publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario ferido tras caer dende unha altura mentres reparaba unha corte en Val do Dubra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVal do Dubra
A-
A+
Europa Press

Un traballador da construción resultou ferido de consideración este martes tras caer dende unha altura mentres reparaba unha corte no municipio de Val do Dubra (A Coruña). Os feitos aconteceron, segundo informou o 112, sobre as 11,30 horas no lugar de Cornes, en Vilariño, no termo municipal coruñés de Val do Dubra. Debido ao forte impacto, segundo informou o 112, requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que se desprazou ao lugar dos feitos.

Non obstante, segundo sinalaron fontes sanitarias, ao lugar acudiu unha ambulancia que foi a que realizou o traslado do ferido, un varón duns 61 anos de idade, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

24 de marzo de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.