publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home ferido nunha saída de vía en Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de RamuínPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste martes debido a unha saída de vía acontecida no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense). O sinistro tivo lugar sobre as 8,00 horas deste martes na estrada de Lañoa a Faramontaos, na parroquia de Faramontaos, no municipio de Nogueira de Ramuín, segundo os datos facilitados polo 112.

Foron mobilizados a Guardia Civil de Tráfico, o GES de Pereiro e Protección Civil, que indicou que unha persoa resultara ferida no accidente. Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao ferido, R.V., de 65 anos de idade, ao Hospital Cristal, segundo sinalaron fontes sanitarias.

10 de marzo de 2015 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.