publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece en Cospeito tras caer unha grúa enriba do tractor que manexaba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dun tractor faleceu na tarde deste luns en Cospeito (Lugo) tras caerlle enriba unha grúa pluma con carga enganchada ao vehículo que manexaba. Segundo informou o CAE 112 Galicia, a vítima quedou atrapada baixo o brazo articulado e o material que trasladaba, polo que os bombeiros de Vilalba tiveron que empregar un equipo de excarceración para recuperar o cadáver.

O accidente produciuse nun terreo propiedade do falecido, que está situada na parroquia de Roás. Tras recibir a alerta ás 16,40 horas, ademais dos efectivos do parque comarcal, o persoal do CAE 112 pediu a colaboración da Garda Civil. Pola súa banda, Urxencias Médicas solicitou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que volveu á súa base unha vez confirmada a morte do condutor.

CAÍDAS DE ALTURA

Por outra parte, en Arteixo (A Coruña), un traballador precipitouse dun poste da luz a sete metros de altura, segundo explicou o particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

O mesmo particular indicou que, probablemente, o ferido sufrise, ademais, unha descarga eléctrica. Tras a chamada ás 16,45 horas, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración de Urxencias Médicas, da Garda Civil e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo.

Xa na mañá deste luns, cando faltaban 10 minutos para as 13,00 horas, os servizos sanitarios de urxencia tiveran que actuar en Moaña (Pontevedra) ao caer un obreiro dunha altura. Foi evacuado polo helicóptero medicalizado con base en Santiago, debido á importancia das súas lesións.

9 de marzo de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.