publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Trasladado de urxencia un tractorista tras envorcar a máquina que manexaba en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un tractorista foi evacuado de urxencia despois de sufrir un accidente coa máquina que manexaba no Concello de Culleredo, na Coruña.

   En concreto, o tractorista sufriu graves lesións nunha perna tras envorcar a fresa que manexaba nunha leira situada no lugar de Veiga, segundo precisou o CAE 112 Galicia na súa páxina web.

   O accidente ocorreu sobre as 16,40 horas deste domingo cando o home estaba a labrar unhas terras. Neses momentos, por razóns que se descoñecen, a máquina deu a volta e caeu sobre a perna do condutor. Así o explicaron ao 112 os particulares que deron a voz de alerta.

   Ao estar atrapado baixo a fresa, o ferido tivo que ser rescatado polos Bombeiros de Arteixo (A Coruña). Ao lugar do accidente tamén se trasladaron, alertados polo 112, Urxencias Médicas, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, ademais de efectivos do parque comarcal.

29 de marzo de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.