publicidade hoxe

Sober pon en marcha a radio municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober chegou a un acordo coa empresa ECO FM para por en marcha a radio municipal, que xa pode escoitarse a través do dial 107.3 da FM. Sober conta con esta frecuencia concedida pola Xunta de Galicia desde o ano 2007.

A programación da emisora basease, sobre todo, en programas musicais con pezas dos anos 80 e 90, aínda que tamén ten espazos continuos para a información local, nomeadamente aquela que o Goberno local comunica a todos os seus veciños e veciñas por considerala de interese.

Tamén se admiten suxestións de asociacións e veciños e veciñas para poder facer unha programación o mais adaptada posible as demandas de todos e todas os soberinos. Poden poñerse en contacto cos administradores no mail: ourense@ecofm.es

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asegura que a emisora suporá “unha nova canle de comunicación para todos os veciños e veciñas de Sober na que poderán informarse do día a día do Concello”. “Agardamos que sexa un servizo máis que se poida facer coas achegas de todos e todas”, conclúe.

10 de marzo de 2015 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.