publicidade hoxe

Sober amplía os premios do concurso de selfies en agradecemento á alta participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Selfie gañador

Selfie gañador

O Concello de Sober decidiu ampliar os premios do concurso de selfies que convocou durante a celebración da XXXV Feira do Viño de Amandi como un modo de agradecer a alta participación e a implicación de todos os que decidiron subir as súas fotografías ás redes sociais Facebook e Twitter.

A imaxe gañadora do certame levará un lote composto por botellas das 20 adegas que este ano participaron na feira. Na fotografía pode verse a un grupo de amigos no miradoiro de Pena do Castelo desfrutando do viño de Amandi e das extraordinarias vistas. O Goberno local quere recoñecer a combinación nesta imaxe de dous dos principais reclamos da localidade, o viño e a paisaxe.

Máis premios

O Concello de Sober decidiu premiar cinco imaxes máis nas que se reflicten varios dos valores que o Goberno local quere trasladar coa celebración da Feira do Viño de Amandi, como son o ambiente festivo e a exaltación dos produtos da Ribeira Sacra, en especial do viño. Tamén se tivo en conta que foron das imaxes que tiveron maior repercusión nas redes sociais, a través das súas visualizacións e dos ‘me gusta’ que acadaron. Cada un destes cinco galardoados recibirán un lote coas tres botellas de viño das adegas gañadoras da cata deste ano, As Muras, Cividade e Guímaro.

O xurado valora especialmente a orixinalidade dos selfies e a capacidade dos seus autores para por en valor o viño de Amandi e a propia localidade.

O Concello de Sober entregará os premios do concurso de selfies o vindeiro luns día 6 ás 12 do mediodía no Consistorio.

31 de marzo de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.