publicidade hoxe

Sarria Fashion Night converte a localidade nunha pasarela para presentar as coleccións de primavera-verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria – Centro Comercial Urbano Sarria, organiza para o día 27 de marzo un evento de tarde-noite baseado no modelo de Noite Aberta que se chama Sarria Fashion Night, no que dezasete negocios da vila participarán nun gran desfile de moda das coleccións privamera-verán 2015. A actividade enmárcase no novo plan de dinamización do comercio local no que ACES-CCU comezou a traballar na Campaña de Nadal deste ano.

A “Sarria Fashion Night” consiste en converter os negocios de Sarria en pequenas pasarelas cunha programación moi concreta, amosaránse as coleccións de roupa, calzado, perruquería,… pero ademáis tamén participan negocios do mundo do descanso, o fogar e a decoración que farán outro tipo de actividades.

10 de marzo de 2015 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.