publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rocío Carrasco será a pregoeira da Feira do Viño de Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaQuiroga
A-
A+

Rocío Carrasco Mohedano, (Madrid, 1977), coñecida presentadora de programas de televisión, será a pregoeira da XXXIII edición da Feira do Viño de Quiroga. O pregón será o día 4 de abril, ás 20:30 h., no palco do recinto feiral.

Filla da cantante Rocío Jurado e do boxeador Pedro Carrasco, empezou a súa carreira televisiva como copresentadora do programa de Telecinco “Cita con Apeles”. Despois foi colaboradora no programa matinal de María Teresa Campos, “Día a día” (1997-2005).

É coñecida a súa devoción relixiosa, en parte herdada da súa nai. Rocío Carrasco acudía todos os anos á procesión da Virxe de Regra en Chipiona, ata que faleceu a súa nai.  Na actualidade presta a súa imaxe a algunhas firmas comerciais e presentou un programa en Canal Sur chamado “Nacidas para cantar” xunto con María Teresa Campos. Dende xullo de 2014 e ata febreiro de 2015 foi a presentadora do programa “Hable con ellas” de Telecinco.

13 de marzo de 2015 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.