publicidade hoxe

Regata Grand Prix de Invierno – Trofeo “The cooksters”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresDeportesSada
A-
A+

O pasado sábado día 7 de marzo celebrouse a quinta e última proba deste Grand Prix, todas as probas a pesar da mala meteoroloxía contaron cunha participación media de 30 embarcacións.

Nesta última proba deuse a saída ás 15:00 horas, cun vento de 10 nós e do oeste.

O percorrido para as clases ORC A e B, foi saída, desmarque, Sada, subiron ao Lorbé en cinguida para regresar a Sada en popa, unha vez pasada a saída da baliza de Sada regresaron a Ares, onde se encontraba a liña de chegada.

Para a clase ORC C e OPEN foi o mesmo percorrido coa diferenza que en Lorbé tomaron rumbo directos á liña de chegada, sen ter que pasar pola baliza de Sada.

Ao finalizar a proba procedeuse á entrega de trofeos do Grand Prix, onde o patrocinador THE COOKSTERS, ofreceu unha degustación dos seus produtos.

Tanto o Presidente do Club Náutico Ría de Ares coma o Comodoro do club Náutico de Sada, agradeceron a todos os participantes a súa asistencia e destacaron os bos resultados que está a dar a colaboración entre ambos os dous clubs.

As clasificacións xerais quedaron:

Pos.:

CLASE ORC A:

Patrón/Armador:

Club Náutico:

1

MACYSTAR

FRANCISCO EDREIRA

R.C.N. DE A CORUÑA

2

SAIOLA

PEDRO PENA

R.C.N. DE RIBADEO

3

ESPANTALLO

BELISARIO CASTRO

C.N. RÍA DE ARES

 

Pos.:

CLASE ORC B:

Patrón/Armador:

Club Náutico:

1

RAYGRASS III

ANTONIO NÚÑEZ

C. M. DE CARRUMEIRO

2

THE COOKSTERS

ROBERTO LÓPEZ

C.N. RÍA DE ARES

3

GOLAFRE

BENITO CALVO

C.M. DE REDES

 

Pos.:

CLASE ORC C:

Patrón/Armador:

Club Náutico:

1

ZAMBORELA

ESCUELA DE VELA DEL C.N. RÍA DE ARES

C.N. RÍA DE ARES

2

PINGON

JOSE MANUEL NAVEIRO

C.M. DE REDES

3

LA RABUDA

ANTONIO DIAZ LOPEZ

C.M. DE REDES

 

Pos.:

CLASE ORC OPEN:

Patrón/Armador:

Club Náutico:

1

FLOR DE LIS

LUIS NOVO

C.N. RIANXO

2

AERIS

ENRIQUE GONZALEZ

C.N. DE SADA

3

JAZ

MANUEL REGUEIRO VAZQUEZ

C.N. RÍA DE ARES

12 de marzo de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.