publicidade hoxe

Programa de desconexión para mulleres soas con fillos en Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

O concello de Cee, en colaboración co CIM e subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade e no marco do convenio de colaboración coa FGMPG organiza una serie de actuacións de prevención, información e formación, entre elas o programa DESCONEXIÓN, que son encontros lúdicos, deportivos e terapéuticos dirixido a mulleres soas con fillas e fillos menores de idade, co fin de reforzar os vínculos materno-filiais e socio-afectivos.

Este programa se desenvolverá este venres día 27 de marzo a partir das 17:30h ata as 19:30h e o sábado día 28 de marzo desde as 10:30h ata as 18:00h  (comida incluída).

O lugar é a biblioteca do concello (situada na Casa do Concello, 1º andar)

25 de marzo de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.