publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión para unha veciña de Santa Comba que contratou a sicarios para matar ao seu marido invidente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal PortadaPortada esquerdaSanta CombaSucesos
A-
A+
Europa Press

O titular do Xulgado de Instrución de Negreira (A Coruña) enviou a prisión unha muller como presunta autora dun delito de tentativa de asasinato por contratar os servizos duns sicarios para intentar matar ao seu esposo, que é invidente.

Segundo informou a Garda Civil, ademais da esposa, que é veciña de Santa Comba (A Coruña) e que ingresou antonte en prisión, tamén foron detidos tres homes que viven no municipio coruñés de Carballo e que nas próximas horas pasarán a disposición xudicial.

A investigación foi levada a cabo por axentes da Garda Civil adscritos á Unidade da Policía Xudicial de Noia e a operación para aclarar este intento de asasinato por encarga foi bautizada como ‘Xuvenca’.

As investigacións da Garda Civil concluíron que para levar a cabo este plan, os tres homes foron contratados pola muller da vítima coa intención de asasinar o seu marido. Os feitos trataron de consumarse cando o pasado mes de xullo os agora detidos asaltaron ao marido e causáronlle graves feridas.

Ademais, segundo os axentes, todo apunta a que a muller, con anterioridade á agresión, lle tería subministrado á vítima algún tipo de substancia que afectase na súa capacidade de alerta e reacción.

DENUNCIA POR EXTORSIÓN

As sospeitas saltaron porque, mentres a Garda Civil investigaba as causas da brutal agresión ao home, a súa esposa presentou unha denuncia na que alertaba que estaba a ser extorsionada por descoñecidos para que lles entregase unha determinada cantidade de diñeiro.

A partir deste momento, os investigadores descubriron que a muller xa realizara entregas de diñeiro a eses supostos “descoñecidos” que sumaban un total de 45.000 euros. Segundo o relato da Garda Civil, entón precipitáronse unha serie de acontecementos e informacións que conduciron aos axentes a establecer unha relación directa entre a agresión, a muller e os extorsionadores.

Segundo o comunicado da Garda Civil, os responsables da investigación cren ter claro que as desavinzas entre a muller e os sicarios estiveron propiciadas por discrepancias nos pagamentos. Así, a presión dos sicarios sobre a muller empurra a esta a contarlle aos gardas parte da verdade, aínda que finalmente se descobre a trama.

13 de marzo de 2015 | 13:19 • 1 comentario

Só temos 1 comentario, anímate a opinar

» Comentarios RSS Feed
  1. Eu son muller e estou totalmente en contra da igualdade!! e que a muller teña máis dereitos que o home!! o home por un insulto hacia a muller é una noite no calabozo e sen embargo o mesmo insulto de muller hacia o home, é una simple falta!! tocate os narices!! E despois queremos igualdade de xénero!! Xa se ve, que as mulleres para denunciar fan calquera cousa, cando existen víctimas que son tamén homes!! Así vai o país, seguide loitando contra a igualdade, e que os homes sigan sendo víctimas de moitas mulleres. E se a muller fora traballar e se deixara de tanta televisión, non ocurría esta cousa que é de película