publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión para o acusado de intentar envelenar ao párroco de Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O veciño de Guitiriz (Lugo) detido na noite do mércores polo suposto intento de envelenar o párroco Alfonso Blanco foi enviado a prisión este xoves. Tras pasar ás 10,00 horas deste xoves a disposición do xulgado de instrución número 2 de Lugo, posteriormente decretouse a súa prisión provisional comunicada e sen fianza imputado, por un delito de homicidio -en grao de tentativa- e por outro de roubo.

A posteriori, o citado xulgado de instrución inhibiuse en favor do de Vilalba, por ser o partido xudicial onde sucederon os feitos que agora se investigan.

ENVELENAMENTO CON ANSIOLÍTICOS

Segundo apuntaron fontes da investigación, os feitos tiveron o pasado sábado durante un comida que Alfonso Blanco compartía cun exconvicto ao que o cura asistía dende hai varios meses, onde cre que se puido producir o intento de envelenamento con ansiolíticos.

Blanco, que preside Xermolos e é un sacerdote moi apreciado na zona, permanece dende o pasado sábado ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, aínda que non corre risco a súa vida.

Foron axentes da Garda Civil os que ás 20,45 horas do mércores arrestaron a J.J.B.L., de 43 anos e veciño de Santa Leocadia de Parga, en Guitiriz, por orde directa da autoridade xudicial.

19 de marzo de 2015 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.