publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Preséntase na Galería Sargadelos o libro-cd “Canta a lúa coas estrelas”

Presentación do libro-cd

Presentación do libro-cd

A Galería Sargadelos de Santiago de Compostela acolleu a presentación do libro-cd “Canta a lúa coas estrelas” un traballo que contou con numerosas persoas do mundo cultural, artístico e empresarial galego.

Este traballo que hoxe se presentou terá o seu día grande o vindeiro domingo 8 de marzo, ás 18.00 h no Teatro Principal de Santiago, onde se levará a cabo o concerto-presentación.

Trátase dunha obra na que se recollen poemas de Rosalía Morlán Vieites convertidas en cancións da man do cantautor cuntiense Manoele de Felisa –na súa parte cd- e con ilustracións da deseñadora de Vedra, Isa Albela –no libro-.

Este traballo está enfocado tanto para nenos coma para adultos, con cancións entretidas e divertidas que seguro disfrutará toda a familia.

Nun formato atractivo, con encadernación de luxo, nas súas 36 páxinas recóllense 13 poemas de Rosalía Morlán, extraídos dos seus libros “A coitada lúa” e “Estrelas de azucre” editados por Edicións Fervenza e “O Castelo da Rocha Forte” editado pola Asociación Cultura Rocha Forte de Santiago de Compostela, aos que se une un poema adaptado do cantautor Manoele de Felisa.

“Canta a lúa coas estrelas” está prologado polo noso escritor máis internacional, Xosé Neira Vilas.

Na parte musical participaron Jacobo García (piano e violonchelo), Millán Abeledo (violonchelo), Pablo Vázquez Pequeninho (batería e percusión), Pablo Vidal (baixo e contrabaixo), Emilio Solar (voz e trombón), Andrea Vázquez (voz), Conchi Martínez (voz) e Cristina Terceiro (voz).

Para que este traballo poidera realizarse contouse co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Trazo e as empresas Ausama, Cooperativa Hoxe e Panadería Cervela, ademais de contar coa colaboración do Concello de Santiago.

Na parte técnica contouse coa participación de Limón Estudios e Artesón Producións. A empresa Máis Deseño foi a encargada de darlle forma e lanzar ao mercado este libro-cd.

O concerto-presentación do domingo oito de marzo, terá entrada de balde cun aforo limitado a 400 persoas entre nenos e adultos.

3 de marzo de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.