publicidade hoxe

Pazos de Borbén organiza unha excursión ao parque de atraccións “Magikland” en Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén organiza unha nova excursión para todos os seus veciños. Nesta ocasión trátase dunha visita ao parque de atraccións MagikLand, na localidade lusa de Penafiel. A saída será o próximo 3 de abril e para participar só é necesario realizar a inscrición nas oficinas da Casa do Concello.

O transporte correrá por conta do Concello de Pazos de Borbén mentres que os participantes deberán facerse cargo das entradas, 8 euros para os nenos de 5 a 12 anos e 11 euros para os maiores de 13 anos, e da súa comida. Os menores de 4 anos entrarán gratis. A viaxe ten prazas limitadas e adxudicaranse segundo a orde de inscrición. Os autobuses sairán desde a Praza do Concello ás 07:30 da mañá.

Todos os veciños interesados en recibir información oinscribirse nesta excursióndeberán facelo antes do 1 de xullo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas.

26 de marzo de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.