publicidade hoxe

Pazos de Borbén celebra o Día Mundial do Teatro cunha sesión de contacontos infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Este venres 27 de marzo celébrase en todo o planeta o Día Mundial do Teatro e a Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén únese a esta celebración cunha sesión de contacontos infantís. A representación terá lugar o venres ás 13:00 horas no salón de lectura da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén. A función é totalmente gratuíta e está dirixida a nenos a partir de 5 anos. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o hábito de lectura entre os nenos e nenas do municipio.

O espectáculo de “A Orixe” reúne unha serie de contos nos que se fai un pequeno percorrido polo mundo a través das historias e mitos procedentes de diferentes culturas ancestrais. Ataviada para a ocasión, Raquel Queizás introduce aos pequenos nunha viaxe cultural que os levará a coñecer as lendas máis antigas de África, Asia e América do Sur.

Os contos teñen un dobre propósito, por unha banda son unha forma de educar aos máis pequenos, xa que as historias protagonízanas animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos, e por outra banda, moitas destas lendas buscan describir e explicar a orixe do mundo e o lugar que o home ocupa enél, fomentando o respecto pola natureza.

25 de marzo de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.