publicidade hoxe

Os premios de Narración Curta do Concello de Curtis entréganse este venres na Casa da Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Os premios do certame de Narración Curta do Concello de Curtis, que o ano pasado centrouse no tema dos deportes baixo o título Olimpíadas Curtis 2014, entregaranse este venres, día 27, ás 19.30 horas, na Casa da Xuventude. Nesta décima edición presentáronse case medio centenar de traballos, na súa maioría procedentes de Galicia, das provincias da Coruña e Pontevedra. Ao acto de entrega acudirán a coordinadora provincial dos Equipos de Dinamización (Pura Galán) e o xefe do Gabinete de Normalización Lingüísitca (Luis Sánchez).

A alta calidade dos relatos supuxo que nalgunhas das categorías os galardóns estivesen moi disputados. Así, na categoría dos mozos de 12 a 18 anos, o segundo premio recaeu en dous autores.

Os gañadores, que en total se repartiron 800 euros do certamen, son:

Categoría A, de 12 a 18 anos

1º. ‘Mariña’, de Ana Santorum Martínez (Lalín). (Premio de 200 €)
2º  ‘Xaque ó Rei’, de Noelia Parracho Rial (Cambados), e ‘Fundíndome no mar do norte’, de David Picado Liñares (A Coruña). (Premio de 50 € cada un)

Categoría B, de 19 anos en adiante

1º.  ‘Baleas’, de Lara Dopazo Ruibal (Marín). (Premio de 350 €)
2º. ‘Segunda oportunidade’, de Julio César Carracedo Pose (Arteixo). (Premio de 150 €)

Fixeron o labor de xurado:

– Manuel Rico Verea: lingüista, músico e musicólogo.
– Ramiro Torres: poeta e editor de contidos culturais.
– Guti Fernández: campión galego de culturismo.
– Sara Martínez: estudante gañadora de varios premios neste mesmo certame. 

26 de marzo de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.