publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os comerciantes de Viveiro sortean entradas para Moto GP na campaña do Día do Pai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste sábado 14 de marzo a Campaña do Dia do Pai. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, o sorteo de 2 entradas para o Gran Premio Monster Energy de Catalunya de Moto GP 2015, que se celebra no circuíto de Montmeló. As entradas son válidas para o 13 e 14 de Xuño, o premio inclúe o voo a Barcelona e o aloxamento. Unha actividade para gozar xunto a papá, independentemente da idade.

Os interesados poderán participar entregando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ao CCHV, cun importe mínimo de 15 €, na carpa que se instalará na Praza Maior o sábado día 21 de Marzo.

No reverso do tícket poñeranse os seus datos de contacto e depositaranse nunha urna habilitada para o efecto. O horario será de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.

Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o sábado 14 ata o sábado 21 de marzo. Só se poderá participar con tíckets de valor a 15 € ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 15 €)

O sorteo realizarase o luns 23 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ao gañador. En caso de renuncia ao premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Os obxectivos perseguidos con todas as campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por comprar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de todos os comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

As bases do sorteo e toda a información se pode consultar na web www.viveirocentro.com, no perfil de Facebook, Twitter e Tuenti.

12 de marzo de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.