publicidade hoxe

Oficios en Acción nos Xardíns de Méndez Núñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Coruña celebra os Días Europeos da Artesanía 2015 montando no paseo das palmeiras dos Xardíns de Méndez Núñez, frente o Kiosco Alfonso, unha carpa de 350 m2 na que se impartirán oito obradoiros de diferentes oficios artesáns, e nos que será posible participar espontáneamente ou por inscripción previa, todo elo de xeito gratuito.

Esta é unha actividade organizada pola Asociación Galega de Artesáns, que conta co apoio do Concello da Coruña e da Fundación Centro Galego da Artesanía de do Deseño que depende da Xunta de Galicia, e que nas súas tres edicións anteriores celebrouse no Centro Cultural Ágora, con gran éxito de público.

A Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez e a Concelleira de Cultura, Ana Fernández, visitarán mañá sábado ás 13 h. esta actividade.

Os obradoiros nos que se poderá participar este ano, e que están pensados para todolos públicos (excepto o de ourivería, que é para maiores de 15 anos), son: Cerámica o torno, Ourivería, Arte floral, Cerámica “ceramic-chef”, Cestería, Instrumentos músicais tradicionais, Tapiz-Xoiería textil, e Vidreira emplomada.

28 e 29 de marzo

Paseo das Palmeiras dos Xardíns de Méndez Núñez

De 10 a 14 e de 16 a 20 h. entrada libre, e obradoiros gratuitos.

27 de marzo de 2015 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.