publicidade hoxe

Obradoiro de introdución á elaboración de cervexa en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O sábado 21 de marzo, ás 16.00 h., impartirase un obradoiro de introdución á elaboración de cervexa artesanal en Vedra. O curso ten unha cota de inscrición de 10 euros e unha duración de 2.30 h. O programa será impartido por expertos na materia e as inscricións poderán realizarse no departamento de Cultura ou no teléfono 981 81 46 91 ata o 19 de marzo.

Viaxe á neve

Por outra banda, dende o Concello infórmase dunha viaxe á neve a San Isidro (León) do 20 ao 21 de marzo. Para consultar os requisitos e os prezos establecidos deberase poñer en contacto co departamento de Cultura ou no teléfono 981 81 46 91.

12 de marzo de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.