publicidade hoxe

O Sergas comeza a obra de construción do novo centro de saúde de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+
O xerente do Sergas na visita aos terreos

O xerente do Sergas na visita aos terreos

O Servizo Galego de Saúde da comezo ás obras da construción do novo centro de saúde de A Corveira-Culleredo coa formalización da acta de comprobación de replanteo celebrada hoxe e tras asinarse o contrato de obra entre o Sergas e a empresa Aldesa Construcións.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou esta mañá os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, do xerente de Xestión Integrada da Coruña, Francisco J. Vilanova, e da xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez Fernández.

O importe da obra é de 2,3 millóns de euros e ten un prazo de execución de 10 meses e medio. O centro está cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O plan funcional do futuro centro de saúde recolle unha área de medicina xeral e enfermería con 14 consultas, unha sala de extraccións, unha sala de técnicas, unha sala polivalente e un despacho de traballador social; así como unha área de pediatría con tres consultas.

Tamén terá unha Unidade de Drogodependencias-Saúde Mental con dúas consultas de psiquiatría e unha de enfermería, un despacho de psicólogo clínico, unha consulta de docencia e unha sala de educación sanitaria. Ademais, contará con área de administración, arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

O centro de saúde, que contará cunha superficie construída de 1.932 m2, situarase nunha parcela de 3.024 m2 cedida polo Concello.

23 de marzo de 2015 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.