publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Seprona atopa trampas ilegais de caza no Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press
Unha das trampas ilegais

Unha das trampas ilegais

Unha patrulla do Seprona da Garda Civil de Lobios (Ourense) investiga a colocación de trampas ilegais, coñecidas como lazos, localizadas recentemente nunha paraxe do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, no municipio ourensano de Entrimo.

Segundo informou o Seprona, o pasado día 18 de marzo pola mañá cando unha patrulla de Lobios realizada labores de vixilancia de especies naturais “ante posibles actos de furtivismo” localizou “dez trampas de caza non selectivas” nun lugar do Barranco de Olelas, en Entrimo.

Os lazos atoparon repartidos nunha superficie duns 50 metros, segundo explicaron as mesmas fontes, e nas proximidades localizouse, ademais, un raposo morto colocado nas ramas dun carballo, “posiblemente atrapado nun destes lazos ilegais de caza”, sinalaron as mesmas fontes do Instituto Armado.

Tras analizar os lazos, observaron “pelos de xabaril” nalgúns exemplares, polo que barallan que algúns destes animais tamén fosen presa destas artes de caza prohibidas.

Os axentes procederon a realizar durante varios días “apostadero” para tratar de localizar a persoa ou persoas que os colocaran e, ao non achar a ninguén, procederon a retirar os lazos localizados, que se atopan a disposición da autoridade competente.

26 de marzo de 2015 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.