publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O párroco de Guitiriz asegura que perdoa ao home que intentou envelenalo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O párroco de Guitiriz (Lugo) e presidente da asociación Xermolos, Alfonso Blanco Torrado, segue ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e asegura que se atopa “ben” e “cada día mellor”. Ademais, afirma que “perdoa” ao que intentou envelenalo.

Blanco ingresou hai un par de semanas tras ser vítima dun suposto intento de envelenamento por parte dun veciño do lugar o que axudaba a desintoxicarse. Froito desta acción, a xuíza do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, Sandra Piñeiro, ordenou o ingreso na prisión de Bonxe do presunto autor do envelenamento.

Alfonso Blanco explicou que pensa “perdoalo”. “Porque dende moi novo, primeiro cos pais e logo eu leveino a proxecto home, no cárcere encargáronme para que cumprise penas alternativas, de penas sociais”, comentou. “É dicir que levo moitos anos camiñando con el e lle teño cariño”, apostilou.

Blanco Torrado apela a que as persoas son “froito dun montón de contrariedades da vida” do que non teñen “culpa e logo está o ámbito e é un problemón”.

Ademais, valorou as numerosas mostras de “cariño e afecto” que lle trasladaron os veciños. “Aqueles que se recuperaron das súas adicións, son os que máis me están a axudar, os que máis me visitan e os que máis ánimos me dan”, sinalou.

“Fanme crer que se queremos temos futuro, aínda que pasemos por moitos escuros sempre a luz gana. Non é solo que vinga a verme xente, que está moi ben, pero sobre todo xente nova que me axuda nesta loita”, abundou. Con todo, avogou por “seguir adiante e a mellorar en saúde, en boa convivencia e levarnos ben”.

DETENCIÓN

Foron axentes da Guardia Civil os que ás 20,45 horas do pasado mércores arrestaron a J.J.B.L., de 43 anos e veciño de Santa Leocadia de Parga, en Guitiriz, por orde directa da autoridade xudicial.

O Instituto Armado explicou que se recibiu vía telemática oficio dimanante do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, no cal se instaba a Guardia Civil a que procedese á detención desta persoa, que foi enviado a prisión provisional tras pasar a disposición xudicial.

24 de marzo de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.