publicidade hoxe

O obradoiro de emprego ‘As Veigas’ formou a 20 desempregados cun investimento de 178.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PorqueiraOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na clausura do obradoiro

Rogelio Martínez na clausura do obradoiro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “As Veigas” posto en marcha o pasado mes de agosto e no que participaron 20 desempregados como alumnos de xardinería e asistencia doméstica, procedentes dos concellos de Porqueira, Rairiz de Veiga, Calvos de Randín e Os Blancos. No acto tamén estiveron presentes os rexedores dos catro concellos participantes nesta iniciativa.

Neste obradoiro, a Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 178.000 euros.
Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos que escolleron o módulo de asistencia doméstica, adquiriron coñecementos sobre o servizo de emprego doméstico e realizaron prácticas en domicilios dos catro concellos que compartiron o obradoiro.

Pola súa banda, os alumnos de xardinería recuperaron e acondicionaron no concello de Porqueria, os parques de San Lázaro e Paradela amais do campo da piscina da Forza. En Calvos de Randín, os alumnos deste obradoiro recuperaron as contornas das antigas escolas de Castelaus, Rubiás e Golpellás. Polo que respecta ao concello de Rairiz de Veiga, traballouse nas áreas recreativas do Furriolo en Lampaza, Portapena e Castelo-Feira da Sa´nza. Por último, os desempregados que participaron neste programa mixto de formación e emprego executaron labores de acondicionamento dos parques infantís en Vilar, Covelas e Nocedo e da área recreativa de Pexeiroos, pertencentes ao concello dos Blancos.

Estes días se están a clausurar os 13 obradoiros de emprego que se celebraron na provincia dende o mes de agosto. Nestes programas participaron 40 concellos e deles beneficiáronse un total de 339 persoas desempregadas: 263 alumnos e alumnas e 79 persoas como persoal directivo, docente e administrativo. Traballo e Benestar destinou aos obradoiros preto de 2,3 millóns de euros.

12 de marzo de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.